Usuario: Clave: Non me lembro da miña clave
REXISTRO es en ca gl

 • Axuda

FAQ

¿Como se xoga?

Asignaráseche un equipo do que terás que controlar todos os aspectos, tanto técnicos coma económicos. Todos os días xógase un partido e podes comprobar o resultado que obtivo o teu equipo.

¿Cando se xogan os partidos?

Xóganse todos os días ás 13:00 hora peninsular española (GMT+1 no inverno GMT+2 no verán)

¿Como comezo a xogar?

Necesitas uns cantos amigos para xogar. Un deles actúa como operador de grupo. Isto quere dicir que será o encargado de dar de alta os equipos que participan no grupo. Unha vez creado o grupo, o operador distribúe entre os xogadores o identificador de grupo e a súa clave

¿Realmente xogo cos meus amigos?

En vManager pensamos que un xogo deste tipo é máis divertido se podes xogar con xente á que coñeces. Podes crear a túa liga e invitar ós teus amigos a participar. Así poderás 'restregarlles' as túas victorias á xente que coñeces (eles farán o mesmo). Unha vez que un dos amigos crea unha liga, o resto apúntase a esa liga ata alcanzar polo menos 4 xogadores (cantos máis mellor), nese momento pódese comezar a xogar. Podes comezar unha liga con poucos equipos e máis adiante incorporar novos equipos para que a liga creza pouco a pouco.

¿Cantos equipos forman parte dun grupo?

Un grupo o froman un mínimo de 4 e un máximo de 20 equipos...

CONSELLOS

Uns cantos consellos para novos xogadores:

- Comeza mirando. Unha vez entres co teu usuario e clave, COMEZA POR BOTAR UN VISTAZO SEN TOCAR NADA. Simplemente móvete polas opcións do menú da esquerda para familiarizarte co entorno.

- Non merques ó tolo. Tes asignada unha certa cantidade de diñeiro. Non comeces derrochándoo porque quizáis quedes sen cartos a mitade da tempada. Estudia o mercado de xogadores e adestradores e elixe con coidado os teus reforzos... Outra idea é a de ampliar o estadio para obter máis ingresos por cada partido xogado na casa.

- Ninguén te ficha. Durante os 5 primeiros días o teu equipo está bloqueado, ti podes facer fichaxes pero NINGUÉN pode ficharte a ti. Deste xeito pódeste facer co xogo sen perder xogadores valiosos.

- IMPORTANTE: blinda ás túas estrelas. O teu equipo novo, nace cunha serie de xogadores, algúns dos cales son mellores que o resto. Aproveita os primeiros días para subir as cláusulas destes xogadores e poñelos en prezo de mercado.

- Merca xogadores libres. Xeralmente son máis baratos que os que están xogando en equipos vManager e baixan de prezo cada xornada que pasa.

- Usa os foros. Entra nos foros para compartir as túas impresións do xogo e promocionar os teus xogadores de cara a vendelos.

- Lee ben esta guía que te axudará a comprender tódolos aspectos do xogo.

v3.18.1 - iLogic Soft 2003-2017 Legal | Facebook | Twitter | Dev