Atención:
Este idioma está en fase de probas o que significa que podes atopar algún texto sen traducir, incorrectos e/ou soporte limitado ou nulo neste idioma.
¡¡¡ Benvido a virtuaManager !!!
virtuaManager é un xogo online e gratuito que che permite convertirte no manager xeral dun equipo de fútbol
Compite diariamente con outros 19 amigos nunha liga, con todo o teu grupo na copa e participa en competicións internacionais. Controla o aspecto económico do teu club e toma todas as decisións deportivas que levarán ó teu club á gloria.
O Meu Club
Colle as rendas do teu club e decide todos os aspectos deportivos e de xestión
Comezarás cun club recentemente ascendido e o teu deber será levalo ó máis alto ¡¡ Campión da Supercopa !! Mais non será doado. Terás que levar o control das túas contas, decidir fichaxes, contratar adestradores, mellorar o estadio e controlar a canteira de xuvenís... Cada decisión contará no teu camiño á gloria.
Xornada
Xoga de luns a venres cos teus amigos e o sábado en competicións internacionais
Decide que xogadores convocas, a aliñación inicial, a túa táctica, o prezo das entradas... Troca o rumbo do partido programando trocos de xogadores e tácticas e desfruta despois dunha completa crónica do partido xogado.
...e moito máis
Coñece xente de todo o mundo
Adestra xogadores, decide os lanzadores de faltas, asina contratos con patrocinadores... pero non só iso: únete a unha comunidade internacional de xogadores cos que poderás negociar e compartir as emocións do xogo. Se queres isto e moito máis ¡¡ Rexístrate !!